A casa de Cunqueiro

A MARIÑA

PLAZA PÚBLICA | O |

27 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

ÁLVARO CUNQUEIRO, de quen hoxe se cumpren 26 anos da súa morte, viviu e escribiu boa parte da súa mellor obra na casa da praza da catedral, que agora acaba de adquirir un particular. É unha casa especial, pois na parte frontal dá á praza e na parte posterior mira ao emblemático bosque de Silva; iso xa o di todo. O alcalde de Mondoñedo anunciou onte que se ofrece diante da Xunta para tratar de recuperar esta vivenda e retormar así a idea do museo. A figura de Álvaro Cunqueiro e a dimensión da súa obra aínda hoxendía, e cada vez gaña maior proxección, parece, sendo como é xa un escritor célebre, está moi por encima de calquera diferenza ou disputa política. A casa museo de Cunqueiro estaría no mesmo nivel que a casa de Rosalía en Padrón ou a de Cela en Iria Flavia. Sería un importante legado cultural non só para Mondoñedo, senón tamén para A Mariña e por que non dicilo, sería tamén un importante reclamo cultural para o turismo. Poderíamos ter unha referencia cultural na Mariña de certa proxección polo mesmo que se vai gastar en folios no Monte Gaiás.