Entrevista | Neves Cando
13 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.Collémola facendo bolillos que di que a relaxa. Muller de múltiples ocupacións que alterna coa súa actividade como profesora nun instituto da localidade, a nacionalista Neves Cando convertíase fai uns días na primeira muller candidata á alcaldía de Burela, e asegura que o fai «con moita ilusión». Y engade: «Cando te metes na actividade política falo con todas as consecuencias, foi unha decisión persoal co apoio dos compañeiros que che din que hai que dar o gran salto». O mesmo salto que asegura deberían dar moitas máis mulleres, porque así « seguro que este mundo iría mellor, e non se renuncia a tantas cousas como din, si se conta cunha boa organización e se marcan os límites». ? -O urbanismo está de actualidade e é unha das bases do seu proxecto electoral. ? -Catro son as bases de traballo do BNG. Facer un PXOU, tendo en conta que as características de Burela son moi particulares porque estamos atados polo mar, a variante e a liña de Feve e todo iso limita moito, pero teño que dicir que o noso urbanismo será tranquilo, contando con todos; doutra banda a mocidade, hai que escoitala e satisfacela; todo o que ten que ver cos servizos e o benestar social, e por suposto a actividade industrial e comercial. O mar é o berce de Burela, un sector básico e hai que potenciar calquera actividade derivada del, pero tamén todo o armazón comercial, recuperando o asociacionismo que había cando eu cheguei aquí e se perdeu. Estamos no centro da comarca e iso é unha vantaxe que debemos aproveitar. -¿O BNG de Burela xa ten a lista confeccionada? ¿Cómo vai ser? ? -Será cremalleira, é dicir, alternando muller e home, nun 50% cada un, e queremos que esteña representado todo o espectro social de Burela. Será unha lista unida e cohesionada.