«Internet é o que máis se utiliza no centro xuvenil»

La Voz Y. G. | BURELA

A MARIÑA

Entrevista | Jaime Méndez O servizo municipal, no antigo parvulario, abre de luns a sábado. Para o seu responsable, agora se está a aproveitar todo o seu potencial

12 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O director da Casa da Xuventude de Burela percibe que dende que «se aproveita o potencial», di, de dito centro xuvenil, se recibe a máis usuarios. O público ao que se dirixe, de 12 a 35 anos de idade, pode utilizala de luns a venres de 16.30 a 21.30 horas e os sábados, pola mañá e pola tarde. -¿Que servizos ten a Casa da Xuventude? -Ademais de dar información xuvenil, coma na oficina municipal situada na Casa do Concello, ten ordenadores, salas con mesa de pin pon, diana, xogos de mesa (trivial, parchís, cartas) e de lectura con prensa diaria e revistas para a xente máis nova. Tamén temos en marcha dúas ligas, unha de dardos e outra de pin pon. E hai que salientar que hai un servizo ao inmigrante. -¿Que novidades vai haber proximamente? -Estamos pendentes de facer noites alternativas coma as do verán. Se farán en inverno, a partir do ano que ven. Tamén imos propor actividades de teatro para menores de 30 anos. -Ademais de entreter, o asesoramento é clave. -Informamos sobre temas como a sida, por exemplo, e asesoramos sobre outros, como estudar fóra, Erasmus, etcétera. Intentamos axudarlles aos xóvenes. -¿Que parte do centro é a que máis demanda ten? -Todos os servizos son gratis. Internet é o que máis se utiliza, sen dúbida. -A finais de mes celebraredes o primeiro torneo de fútbol en videoconsola (Pro-Evolution Soccer). -Levamos o peso da organización. Será os días 24, 25 e 26, tipo maratón. Os premios son importantes: 1.000 euros para o primeiro, 250 para o segundo e 100 para o terceiro. É unha iniciativa diferente; esperamos teña boa resposta. De momento, vai bastante ben.