Xove anima a comer rodaballo

La Voz LA VOZ | XOVE

A MARIÑA

XAIME F. RAMALLAL

A cita | Celebración gastronómica Oito establecementos hosteleiros servirán uns mil kilos deste peixe a partires das sete da tarde. A ración costa seis euros e inclúe a cazola oficial desta primeira festa

08 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Os hosteleiros xovenses invitan a tódolos mariñáns a achegarse aos seus establecementos esta tarde, a partires das sete, para degustar as distintas receitas que van preparar co rodaballo como principal ingrediente. Por seis euros, calquera poderá saborear este exquisito peixe e facerse coa cazola oficial da festa, a primeira adicada ao rodaballo que organizan. Os locais participantes son A Esquina, O Refugio, A Roda, bar Pepe, bar Cociña, New-Burguer, Os Faroles e As Brétemas. O Concello de Xove e a Fundación Comarcal A Mariña Occidental colaboran con esta interesante iniciativa empresarial. O obxectivo desta actividade é, por unha banda, atraer xente a Xove neste sábado da longa ponte da Inmaculada; e, ao mesmo tempo, promocionar o rodaballo. Nesta edición colabora a empresa Insuamar-Grupo Pescanova, que está ampliando a súa planta da praia de Lago. Xove anima a todos a acudir á cita.