O inglés, outra lingua para entenderse

La Voz LA VOZ | MONDOÑEDO

A MARIÑA

O Instituto ofrece tres cursos de inglés da E.O.I. e clases a distancia para xente de fóra

21 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

É comprensible que nunha terra de escritores como é Mondoñedo as linguas, ainda que non sexan as propias, sexan apreciadas e benqueridas. O Instituto San Rosendo vai acorde con esta sensibilidade e adícalle ó aprendizaxe do inglés máis esforzos que o que esixe a programación académica obligatoria. Así, no centro mindoniense impárteselles ós alumnos matriculados os tres primeiros cursos da Escola Oficial de Idiomas e ademáis, para a xente que é allea, teñen funcionando o programa That¿s English que é outro curso en inglés que se imparte a distancia, pero que ten unha tutoría presencial semanal. Ó remate, os que o superan acadan o título da Escola Oficial de Idiomas. Este curso ten tres niveis. Axuda a complementar esta aprendizaxe os viajes e intercambios que fan os rapaces con estudiantes de outros países europeos, iniciativas que ó primeiro costou introducir pero que agora levan camiño de consolidarse. Son experiencias que non só axudan a perfeccionar a lingua do país de destino, senón a coñecer outras culturas. O IES San Rosendo participa nos programas europeos de intercambio Sócrates-Comenius dende hai varios anos e esto xa lles permitiu sair a países coma Finlandia ou Noruega, onde mesmo tiveron oportunidade de comprobar a rigurosidade do clima nórdico, algo que non foi obstáculo para que os rapaces disfrutaran da experiencia, coñecendo as costumes, a gastronomía e, sobre todo, ás persoas. Viaxaron tamén a Francia e Italia, dentro deste mesmo programa e coa Xunta a París e á illa de Sicilia. Pola sua banda, puideron tamén exercer de anfitrións, na súa terra de Mondoñedo, dos compañeiros que eles visitaron. Bó complemento, pois, o dos estudiantes do IES San Rosendo, en unha terra do escritor, Cunqueiro, que xa ten obras traducidas ó árabe e que tanto lle gustaba recrearse con Oriente ou Bretaña.