Aprendizaxe multilingua e integración e multiculturalidade, claves do novo curso
13 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Abrirse a Europa a través do traballo permanente coa implicación de toda a comunidade educativa -profesores, alumnos e pais- é o obxectivo co que inicia o curso 2006-2007 o IES Monte Castelo de Burela. Non é unha iniciativa nova, o centro burelense leva varios anos desenvolvendo iniciativas de carácter europeo que abarcan desde a dimensión lingüística ao formación do profesorado e dos alumnos. Este curso, o IES Monte Castelo converterase en pioneiro na comarca impartindo as clases de Bioloxía e Xeoloxía de terceiro de ESO en francés. Ademais, seguirá traballando no proxecto Grundtvig, destinado a fomentar a formación da comunidade inmigrante por unha banda, e por outro a incentivar o respecto polas distintas culturas ensinando ao mesmo tempo a evitar as actitudes xenófobas. Os intercambios con estudantes de diferentes países, ata na actividade de formación profesional forman parte do apertado programa de proxectos europeos que desenvolverá o centro durante o curso que agora comeza. Somos europeos, e ese e o espazo común.