A TRIBUNA | O |
14 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.SEGURO que vostede coñece a máis de un. Circulan sempre pola mesma estrada e as mesmas horas. Presumen de coñecer o terreno polo que se moven. Síntense seguros. Valentes eles, nas conversas tabernarias adoitan gabarse duns éxitos que se resumen en chegar un minuto antes, o que conquerirían sen risco só se dormisen un minuto menos. Seguro que vostede tamén coñece a máis de un. Son a outra cara da moeda. Non lles queda máis remedio que compartir a cotío a mesma estrada que os anteriores. Tamén coñecen ben por onde circulan, pero teñen medo. Síntense amenazados. Adoitan comentar o máis que razoable temor a que a algún dos temerarios se lles veña enriba e os deixe mancados. Esos dous grupos coprotagonizan cada día a incerta aventura de circular pola estrada da costa, entre Foz e Viveiro, nos horarios anteriores e posteriores ás entradas e saídas dos traballos. Os primeiros van como tolos, poñendo en perigo vidas propias e alleas. Aos segundos só lles queda esquivalos, procurar que se os seus verdugos potenciais perden o control do coche non os embistan. Todo eso acontece a diario, con espectadores privilexiados que non se sabe se non ven ou si pechan os ollos diante de tamaño desmadre.