A TRIBUNA | O |
26 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.MILLEIROS de cidadáns do mundo alucinan coa última entrega da saga de La guerra de las galaxias . George Lucas volta a xenerar expectación recreando un mito tan universal como o da loita do ben contra o mal. A acción discorre nunha lonxana galaxia, onde os heroes da Alianza combaten ao Imperio, ese enemigo que a inmensa maioría arrepía porque os bos son os humanos e os malos pouco, ou nada, teñen que ver con quen ve a película. ¡Ai se George Lucas tivera a oportunidade de vivir na Mariña nos tempos que corren! A bo seguro que tería elementos de sobra para convertir a súa guerra das galaxias nunha batalla máis terrenal. Non tería que botarlle demasiada imaxinación para situala un pouquiño máis abaixo, nas soterradas cloacas, eses conductos por onde van as inmundicias das poboacións. Se só mirase para quen leva a voz cantante neste rebumbio electoral, a maior dificultade de Lucas podería ser atopar un Luke Skywalker á altura das circunstancias. Aspirantes a aventureiros como Hank Solo habería máis de un. Se aceptasen papeis secundarios, tampouco tería problemas para atopar princesas Leia. Non porque escaseen, o máis complicado sería elexir quen faría do malo Darth Vader. Menos mal que a maioría prefire mirar para as galaxias antes que baixar ás cloacas as que algún intentan arrastrarnos.