A TRIBUNA | O |

30 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

OS CENSOS oficiais amosan que na bisbarra están rexistrados 2.188 inmigrantes, o 2,9% da poboación. pero nos concellos mariñáns case non houbo solicitudes para regularizar a situación de cidadáns de países alleos a Unión Europea. A emigración foi durante moitos anos a única saída á miseria nesta comarca, da que aínda hoxe marchan centos de xoves na procura de mellores condicións salariais e laborais. Cada vez máis, moitos concellos mariñáns parecen un verdadeiro crisol de culturas. Pero para a completa integración dos inmigrantes que recalan nos nosos pobos aínda queda moito camiño por recorrer. E non porque haxa discriminación ou marxinación, senón porque a relación intercultural aínda está en pañais. Mais cedo que tarde, acabaremos acostumándonos os uns aos outros. Sobre todo porque nos necesitamos. Nós para que ocupen empregos e para paliar a continua perda de poboación. Eles porque queren traballar para vivir. Abramoslles pois as portas, tratémolos como iguais que son e, sen temor a mistura de razas, non nos xoguemos o futuro dando a pe a perigosos focos de marxinalidade. É máis doado do que parece.