A TRIBUNA | O |
16 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.PEDRO SEMELLA ser un rapaz un pouco inseguro; fala moito, sobre todo cando atopa unha rapaza que lle gusta. Sara é veterinaria e moi fermosa e suscita paixóns entre os homes. Un día coñecénse e.... Que o lector me perdoe por non contar o resto da historia, pero é doada de averiguar. Esas dúas persoas son os protagonistas dunha película de comezos da década dos 90, Amo tu cama rica , cuxos papeis principais interpretaron Pere Ponce e Ariadna Gil e que, supoño, non será difícil de atopar en VHS ou DVD. Se Pedro vivise en Ribadeo, quizais non lle faría falta falar tanto ao coñecer unha rapaza. En Ribadeo estase a celebrar un curso de técnicas de ligue, o cal, non mo negarán, supón todo un cambio. ¿Significá o adeus ao «estudas ou traballas» que tantas veces se ten dito? ¿Xa non fará falta que elas e eles elixan diante do espello a roupa que han poñer para saír? ¿Será certo que a primeira impresión é a que conta? ¿Tanto cambiaron os tempos que son necesarios eses cursos? ¿Caerán algúns mitos sobre as relacións persoais? Pero a un parécelle que o mellor do curso pode ser o escenario das prácticas, se as hai. ¿Onde se celebrarán? ¿Talvez nalgún dos moitos pubs da zona vella ou San Roque?