Entrevista | Faustina Solloso Muller de fala pausada que se postula como humilde traballadora, a patrona maior do Vicedo afirma que o seu é loitar polos traballadores do mar
08 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.?eva á fronte da Confraría do Vicedo desde que se constituiu a agrupación e se fixeron as primeiras eleccións, nas que saiu elexida patrona maior. Faustina Solloso é unha muller traballadora e polifacética: mariscadora en activo, concelleira do PP, ama de casa, empregada dun establecemento comercial, son algunhas das actividades que desempeña. E agora é vicepresidenta da Federación Galega de Confrarías. -¿Cáles son as prioridades da federación? -Na federación eu represento á parte social, ós traballadores. A pretensión da federación é servir de canle entre as administracións para velar polos intereses dos traballadores e empresas do mar. Está pensando casi en exclusiva na flota de baixura e o marisqueo, un sector que está máis abaixo que os demáis, ó que lle é máis difícil defender a súa rendibilidade e ten máis atrancos. Un barco grande sempre se defende mellor, pero o pequeno ten máis dificultades, ó mellor se pasa un mes sen poder sair ó mar. E aínda que a Administración autonómica está sempre mirando por ela, como cando foi o do Prestige , unidos loitamos mellor. -¿Cál foi o logro máis importante nestes anos? -Que ás mariscadoras nos reconoceran como profesionais do mar. Hai nove anos a Administración dixo que tiñamos que ser profesionais; houbo cursos, xuntanzas, foron dándonos instruccións sobre cómo mariscar ou facer un plan de explotación e fomos danos os pasos para acadar esa profesionalización e se nos recoñeceran os dereitos. Agora loitamos para que nos apliquen coeficientes reductores á hora de cotizar, que por cada dez anos cotizados se nos recoñezan once. En marzo puxémolo na mesa do Ministerio de Traballo e non o recoñeceu e agora volven a telo. A Consellería de Pesca nos apoia ó cen por cen.