Mellores servizos no Rivera Casás

La Voz

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

18 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

TENDO en conta a resposta da Consellería de Educación do día 25 de Agosto de 2004, segundo o Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, onde a Consellería de Educación di que queda claro que non hai ningún tipo de informe, con respecto á reordenación educativa de San Cibrao. Nós alegrámonos da postura tomada por esa Consellería pola actitude responsable, na que vela polos intereses dos nosos fillos e fillas e que, despois dun ano de oscuridade, toma esta decisión coerente de deixar as unidades de infantil e primaria tanto en Galdín como no Rivera Casás. As nais e pais desta plataforma, damos por rematado este tema e a partir de agora dirixiremos os nosos esforzos A conseguir a ampliación e mellora dos servizos do noso colexio. Por outra banda, queremos engadir que con esta decisión a Consellería desautoriza ó señor Insua [alcalde popular de Cervo], que mantivo nestes últimos doce meses nun ambiente de crispación e tensión, tanto a nais e pais como ós nenos, chegando ao extremo de facer denuncias baseadas en mentiras a veciños contrarios ó derrube. Plataforma de Nais e Pais contra a Demolición do Colexio Rivera Casás de San Cibrao