A TRIBUNA | O |
22 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.GALICIA SEN MEIGAS non sería o que é. «Habelas hailas» é unha das expresións populares desta terra nosa que traspasa fronteiras. Incluso os bonecos de bruxas e trasnos son dos reclamos made in Galicia que colonizan a rúa do Franco en Santiago, como tantas outras. Crer nelas é moi particular. ¿E só un mito ou en realidade existen? O mal de ollo... ¿será conto chino?, ¿ou non? O certo é que as fogueiras fumearán esta noite con máis intensidade ca nunca. Segundo a tradición popular, é costume saltala ó berro de ¡Meigas fóra! ou ditos máis elaborados. Miña avoa nunca perdeu o costume de dicir: «Sáltame fogueira de San Xoán, que non me roa cadela nin can. Sáltame fogueira de San Pedro...» Vese que ás meigas atrainas o vran, pois neste é cando A Mariña celebra tamén as súas queimadas populares para espantalas e «purificarse».