Lembranzas de tempos pasados

L. PRIETO

A MARIÑA

LA TRIBUNA | O |

17 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

«CUALQUIER TIEMPO PASADO fue mejor» é unha frase que se brinda a un extenso e rico debate, á vez que bastante complexo. Uns estarán en contra. Outros a favor. A dialéctica está servida. As novas tecnoloxías fannos a vida máis fácil hoxe en día pero tamén se demostra cada vez con mais firmeza que hai algunhas moi concretas que parecen traer consigo unha factura, sobre todo nas actividades contrarias ó medioambiente. Pero non se trata de falar só da ecoloxía. Os usos e tradicións de antes tamén fixeron a vida sinxela aos que recurriron a eles, en momentos en que non había mais remedio que traballar e traballar. Hoxe, esas tarefas revalorizáronse como a artesanía que é, unha mostra de que o pasado tamén ensina ó presente. Hai case un mes festexouse o día das Letras Galegas, cunha edición na memoria da figura de Xocas, un estudioso en profundidade dos costumes populares galegos. Por iso, independientemente das opinións que susciten, agradécense iniciativas particulares como a de Valentín González, de sempre afeccionado a coleccionar obxectos xa en desuso da da vida cotiá. Está a facer un museo etnográfico. Lamentaba onte este alfocense que non recibía axuda oficial. É a súa unha laboura particular pero da que quere facer partícipe, di, unha vez remate ese proxecto, ó público en xeral. Xa en diversas ocasións expuxera a súa colección no castelo de Pardo de Cela, un recinto rehabilitado e recuperado no que tamén se falaba de ubicar un museo etnográfico. Valentín, agora, segue os seus propios pasos e, dalgún modo, tamén os dos seus antepasados.