Sol, praia e gaivotas

L. PRIETO

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

18 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

NESTES DÍAS QUE fai un sol espléndido, achegarse a unha praia da comarca é toda unha delicia. Sobre todo para os amantes da natureza en estado puro. Destes recunchos que brindan saúde e beleza aproveitase ben pouco en épocas fóra da estival. E non hai nada tan enriquecedor para o corpo e a mente no frío inverno que sentir na pranta dos pés a area que rasca suavemente e na cara a brisa mariñeira. Pois agora que é maio, o sol bríndanos unha excelente oportunidade de abrir a tempada cun bo sabor de boca. Antonte, en San Cibrao, por exemplo, era toda unha experiencia sensorial compartir o escenario cos grupos de gaivotas e paxaros que aproveitan para picar entre as olgas, para facer as súas curiosas danzas cun só pé, para darse un bo baño (¡qué ánimo, co fría que estaba a agua!), para rifar se se terciaba a ocasión ou tamén para vixiar das futuras xeracións. Seguramente teñan a súa residencia nos Farallóns, onde hai unha colonia importante non só de gaivotas senón tamén doutras aves mariñas. Un día así, no verán e nese areal, sería máis ben case imposible atoparse cunha escea así a pouco máis dunha zancada da toalla. Oxalá o ano teña máis sorpresas destas.