Día da árbore en Ribadeo

FRANCISCO RIVAS

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

31 mar 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O DÍA 22 DE MARZO celebrouse en Ribadeo no recentemente estreado aparcamento urbano un acto con nenos e nenas da gardería que serviu para conmemorar o día da árbore por parte dos actuais responsables municipais. No xornal do día 26 o Concelleiro de Medio Ambiente descolgábase cunhas declaracións decindo que eles soamente gastaran 30 euros no día da árbore cando na anterior goberno se presupostaran casi 2000 para ese acto. Non tratemos de confundir con verdades a medias que son mentiras, falemos de feitos. O pasado ano, eu organicei os actos do día da árbore, igual que nos sete anos precedentes, cun presuposto de 1800 euros, con presentación dos actos en tempo e forma ós medios de comunicación, con cartel e trípticos (que por certo se enviaron a Madrid coa documentación para a renovación da Bandeira Verde polo actual goberno). Participaron todos os centros de ensino da vila, e as persoas maiores do noso Concello con transporte incluído polas parroquias e merenda para eles no polideportivo de Covelas. Plantáronse 200 árbores en áreas recreativas, parroquias e centros de ensino. Inaugurouse unha exposición no forte de San Damián, e ademáis realizouse un acto central que consistiu no izado da Bandeira Verde Mención Ouro (compróbese o seu lamentable estado actual). Os participantes levaron un recordo deste día e ademáis regalouse un libro-conto e unha guía de árbores. Pódese gastar menos e apretar o cinto, pero en educación ambiental e cos maiores non se debe aforrar. E non nos olvidemos que despois de oito anos sin talar unha árbore para a Cabalgata, nesta derradeira cortouse un pino para levalo de árbol de nadal e pasealo por Ribadeo. Con este precedente, ¿qué se pode esperar? Non traten de enganar con cifras. Os feitos son os que contan.