Os meus desexos

| LAURA CHAO VALLE |

A MARIÑA

A BOCA PEQUENA

21 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

SON UNHA nena de once anos de Burela; e vouvos contar uns dos meus grandes desexos. Ás veces paso por algúns lugares, vilas, pobos ou cidades que, a verdade, están moi pouco limpos. Teñen unha botella tirada acó, coches por todos os lados, nas rúas e encima das beirrúas; moitas edificacións con fachadas todas parecidas, contaminación... pero o peor de todo é que non vexo árbores, flores ou plantas. Gustaríame contemplar unha paisaxe chea de vexetación; que os colectores (verde, amarelo, azul e de pilas), fosen utilizados por todos os homes, mulleres e nenos. Que non houbese vidros rotos, latas nin porcallada tirada por ningures. Tamén quixera ver ás persoas pasear máis e que usaran menos os coches, xa que producen uns ruídos continuos e dañan a atmosfera, ocasionando que o aire que respiramos sexa cada vez máis irrespirable. Desexo que habiliten máis zonas verdes coma parques, xardíns... para que os nenos teñamos máis onde xogar; que nas beirarrúas haxa máis árbores e plantas; que se fagan menos edificios e casas. Que non se escoiten tantos ruídos molestos na rúa (os das motos, martelos perforadores, camións...). Así poderíamos oir trinar os paxaros, o son das follas das árbores ó ser movidas polo vento, e outros sons agradables que produce a natureza e que agora non podemos apreciar por culpa deles. Preocúpame que as fábricas e industrias vertan residuos ó mar, contaminando o medio e ós peixes e algas que viven nel. Pero non só verten residuos contaminantes, senón que tamén polas chimeneas botan fume, un fume que ademais de contaminar o aire que respiramos produce cheiros, as veces insoportables. Estou describindo como os vexo eu e como me gustaría que fosen, para que todos os que vivimos nesta fermosa Terra estivésemos máis a gusto, de mellor humor e para que a atmosfera e a natureza estean máis limpas.