Hoxe preséntase en Viveiro un libro sobre Vilar Ponte

La Voz LA VOZ | VIVEIRO

A MARIÑA

En axenda | Os autores son Carlos Nuevo e Emilio Ínsua O texto, co que gañaron o premio literario Ánxel Fole, é un achegamento ó período de formación deste intelectual viveirés

18 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?oxe ás oito e media preséntase no teatro Pastor Díaz, en Viveiro, o libro: «O primeiro Antón Vilar Ponte». Os autores son Carlos Nuevo Cal e Emilio Ínsua López; ámbolos dous gañaron o premio literario Ánxel Fole (que convoca El Progreso en colaboración con Caixa Galicia) con este estudio sobre o intelectual viveirense. O texto vén ser un achegamento ó período de formación de Antón Vilar Ponte, intelectual viveirés e fundador das Irmandades da Fala. Carlos Nuevo e Emilio Ínsua son bós coñecedores da vida e da obra dos irmáns Vilar Ponte e, en concreto, do fundador das Irmandades. O libro que se presenta hoxe e que de seguro reunirá a moitos viveirenses no teatro, ademáis do texto de investigación, ofrece fotografías antigas de Viveiro da época, tamén de Foz, e un apéndice final con poesías de Antón Vilar Ponte, publicadas no seu momento en semanarios locales. O libro está dividido en cinco capítulos: 1) Nacemento e infancia de Vilar Ponte en Viveiro. 2) Entre Santiago e Viveiro. Os anos universitarios de Antón Vilar Ponte. 3) A estadía de Vilar Ponte en Foz, onde tiña unha farmacia. A súa adicación á política e ó teatro. 4) Novo capítulo sobre a estancia en Foz, pero agora dedicándolle atención ó seu labor xornalístico, e 5) Entre Viveiro e Madrid. Á procura da súa consagración como xornalista. Todo perfectamente contado e documentado, co ambiente propio da época e cos reflexos da prensa local e a aparición de personaxes que aumentan o interese e a curiosidade para o leitor. Hoxe na presentación do libro tamén participarán o profesor Alonso Montero, Xosé de Cora e Ramón Soilán, de Caixa Galicia.