A TRIBUNA | O |
13 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.CONFESO que ata hai un momento tan só, ata fai nada, instantes antes de poñerme a escribir estas liñas, pensaba dedicar este espacio ó día de San Valentín. Porque pensaba que cumpría acaso falar diso. Hoxe. Deste día. E sigo pensándoo, pois de feito comezei falando del. Pero no momento xusto de poñerme a escribir, non souben que dicir. Non sei que dicir. De súpeto, non souben. Non me sai nada. Como se preferise en realidade calar. Algo así. Como se, de pronto, me dera conta non sei de qué e me apetecera, mellor, calar. E que cada quen pense o que quiera sobre este día. Que faga o que queira. Que compre flores. Por qué non. Ou unha xoia. Está ben. Calquera cousa. Calquera detalle que non sirva para tapar outras carencias. Eu ía comezar o artigo, estas liñas, con gañas de propoñer que en lugar de mercar flores, se arrancasen. Con ese outro impulso. Que en lugar de comprar unha xoia, se estampase un beso. Con gañas. Con esa forza. Ía comezar así, pero non sei aínda por qué razón non o fixen. Quizais, de volver a empezar, o fixera. Quédanme esas gañas. De facelo. Pero agora xa non vou recomezar.