Acortando distancias

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

20 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

LEO UNHA ENTREVISTA a Tarso Genro. É o ministro de desenrolo económico e social en Brasil. Membro do equipo de Lula. Foi alcalde de Porto Alegre, unha cidade brasileira, que chegou a converterse, di o artigo, nun referente de primeiro orde en canto ó desenrolo social. Distan moitos kilómetros entre aquí e o Brasil pero hai un concepto que Tarso defende. A democracia participativa. Parece unha obviedade ou unha redundancia. Pero el mesmo define a esencia do termo: «Es una experiencia de profundización de la democracia que corrige la separación entre políticos y ciudadanos». Propugna, por exemplo, crear un consello de tipo social para a configuración dos presupostos e para que nestes teñan cabida as necesidades do pobo. En definitiva e en palabras de Tarso Genro, xesta unha democracia máis auténtica e cos cidadáns máis involucrados na política. A experiencia de Porto Alegre sería exportable e enriquecedora en calquer ámbito de goberno, nacional, autonómico e mesmo local, a que está máis preto de nós. Que houbera unha vía máis ampla de relacións entre gobernantes e veciños melloraría, sen dúbida, a ambas partes. Sería más doado gobernar.