A TRIBUNA | O |
05 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.NOITEBOA, Nadal, Noitevella, Reis... Atrás quedarán a partir de mañá as compras, as comilonas, a festa rachada ata as tantas, as moreas de turrón e mazapán. Mil larpeiradas. A economía e a gastronomía experimentaron durante estes días de trafego continuo unha curiosa correlación. Mentras a nosa hucha diminuía, o bandullo medraba. Pero todo volve á calma, á «rutina». E un novo ano. Bisesto. 366 días por diante. Un máis do habitual. Engadido, según o sistema romano, para recoller as seis horas excedentes de cada ano. Compre pois aproveitar ó máximo este día que se nos regala. Pero á vista dos acontecementos, seguramente ese día «de máis» só rexistre un novo accidente de tráfico con feridos graves ou mortos incluso, un novo caso de malos tratos no ámbito doméstico (xa levamos dous e o ano acaba de comenzar), quen sabe se outro meteorito. Ou quizáis un novo episodio da chamada posguerra de Irak. Ou outro caso de neumonía asiática. E contando que non comece outro conflicto bélico no mundo, que os ánimos seguenche moi caldeados. Ó mellor os devastadores efectos do terremoto en Irán tamén se olvidaron xa (pero quenes os sofren os terán presentes de por vida). Polo tanto, un día máis e un ano máis por diante. Unha ocasión estupenda para plantar unha nova colleita de tolerancia, saúde, solidariedade, paz, amizade, compaixón. Os governantes son dos primeiros que terían que dar exemplo e labrar a terra para que dese bos froitos, traballando máis en equipo cos propios veciños. Son eses os valores que forman a quintaesencia do nadal que xa ficou pero que deberían estar presentes estes 366 días que aínda quedan por diante.