O Concello ribadense comeza un programa de normalización lingüística

La Voz LA VOZ | RIBADEO

A MARIÑA

O Concello de Ribadeo comezou un plano de normalización lingüística con varias medidas que onte presentaron a concelleira Mari Luz Álvarez e o técnico de Cultura, Xabier Campos. Coa Mesa pola Normalización Lingüística distribuirá 13.000 adhesivos entre os comerciantes para que as inclúan nos agasallos de Nadal, coa mensaxe «Cos meus mellores desexos». Asemade prepárase unha ordenanza de normalización lingüística.