«As festas son a perfecta excusa para volver á orixe»

A MARIÑA

Entrevista | Armando Requeixo Cuba Armando Requeixo Cuba, pregoeiro, di que os festexos son unha forte atracción para os mindonienses que viven fóra e unha ocasión boa para volver á orixe

15 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Armando Requeixo, profesor no IES de Catoira e crítico literario, non agacha a súa ledicia por ser pregoeiro: «Fixéronme un galano impagable», di. Ten escrito numerosos libros e artigos. Entre os autores que estudiou están Eduardo Lence-Santar e Álvaro Cunqueiro, e afirma que as obras destes dous mindonienses e doutros influíron na súa percepción das festas. «Todo o que estea familarizado coas obras dos nosos devanceiros verá con ollos diferentes ese espectáculo», di. -¿Como se esperan As San Lucas vivindo fóra de Mondoñedo? -Con expectación. As San Lucas son a excusa para volver á orixe, e polarizan a atención dos mindonienses que andan polo mundo. -¿Cales son os seus recordos destas festas? -De pubertade e de adolescencia. A feira de gando é un espectáculo. As festas son tamén un lugar de convivencia e de encontro para ver xente coa que non coincides noutras datas do ano. Eu creo ademais que Mondoñedo está especialmente fermoso neses días e dá o mellor para todos. -¿Por que hai estes días unha fermosura especial? -Mondoñedo esquece os problemas que hai que afrontar todo o ano.