Auga bendita

A MARIÑA

A TRIBUNA | O |

20 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

EN CALQUERA ÁMBITO da vida, aquelo que hai en abundancia non se valora ata que falta. Hai máis de dez anos, dos grifos da casa non caía unha gota de auga. Os cortes do suministro pola seca eran a solución de urxencia, de dudosa eficacia pois moita xente aproveitaba as horas en que había auga para acumular nos caldeiros e nos baldes. Non servía de nada porque cando volvía outra vez o suministro, aquela auga tirábase sen habela aproveitado. Parecía increíble ter que lavar os pratos con catro gotas ou ter que programar o momento da hixiene personal, senón non había máis remedio que aproveitar a bondade dos amigos doutros concellos que che ofrecían a súa auga para facelas tarefas máis básicas. Pasaron os anos e a lembranza daquelas secas volve a ser noticia. Burela, de momento, segue a ter auga no seu depósito e, en caso de que o embalse se esgote, hai alternativas xa previstas para garantir o suministro. Cando volte a choiva e o encoro de Rúa se recupere, se pasará páxina a un problema puntual da escasez de auga. Esto nin é o Mediterráneo nin o deserto, é a Galicia húmida. Pero, ¿servirá de lección para mimar máis día a día a auga que nos da vida, a bendita auga?