A TRIBUNA | O |
09 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.EXISTE UN SÍMIL posible entre a meteoroloxía e a actualidade. As altas temperaturas que estos días invitan máis a consultar o termómetro que o reloxo parecen deixar a súa pegada nos acontecementos do día a día. Hai novas que, quizáis nun estado de hibernación coma o que practican certos animais, non irrumpen ata que chega o vran. As festas, as romerías, os festivais, o folclore, as degustacións gastronómicas, as noites meigas, as queimadas, as exposicións, as actividades deportivas... Ferve o calendario lúdico e cultural. Agradécese que unha comarca coma a de A Mariña desborde enerxía. As rúas, as prazas ateigan coa chegada dos turistas que marcan outro ritmo. Atascos, problemas de aparcamento... Todo compón unha paisaxe e, máis ca nunca, se berra por unha vía de alta capacidade en condicións para A Mariña que nos tén en longa espera. Non é de estrañar que a intensificación das actividades ó aire libre se reflicta tamén na estadística de sucesos, sobre todo no mar, producidos algúns quizáis pola confianza de quen cre saber máis que as propias forzas da natureza. E oxalá que os incendios nin se asomen por aquí.