«Nós agardamos que o voto dos veciños sexa responsable, e non lle den un cheque en branco a ninguén, que é o que supón a maioría absoluta», di o portavoz nacionalista
20 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.?amón Ermida non repara ó criticar tanto ó goberno que representa García Rivera como ó do PP. E faino lembrando a labor do BNG na oposición nos últimos catro anos, un traballo que espera que sexa recoñecido polos vecinos de Foz. Hermida apela á maioría de idade democrática dos focenses, ó voto responsable e confía en que ninguén obteña a maioría absoluta, que nestes catro anos, di, expresouse nunha distinta vara de medir por parte do goberno socialista, según de quen se tratase. De ser así, o BNG será a chave: «A forza determinante para formar goberno en Foz». «Nós esperamos que os veciños voten con responsabilidade, e non lle den un cheque en branco a ninguén, que é o que supón a maioría absoluta». -De adquirir o BNG responsabilidade de goberno en Foz, ¿en que se vai a notar? -Se é asi, en Foz vai haber democracia, diálogo cos veciños e unha única vara de medir. Eso, polo que se veu nestes catro anos, está reñido coa maioría absoluta. Ademáis, o Concello apostaría pola creación de emprego e na cuestión central da próxima lexislatura, a aprobación do plan xeral, haberá un trato igualitario para os veciños, non como ata agora. En canto a ideas no programa, falamos, entre outras cuestións, de crear unha planta de acuicultura, un plan de potenciamento turístico, unha sementeira de empresas e crear comisións parroquiais para que sexan os veciños quenes decidan que obras se fan. -¿Será o BNG a chave do goberno de Foz? -Pensamos que a forza determinante. Xa nestes últimos catro anos o fomos, porque levamos a iniciativa nos proxectos máis importantes, como a compra dos terreos do Bahía ou o bonobús escolar. -¿E onde vai gañar os votantes o Bloque? -Os veciños van recoñecer nestas eleccións o noso traballo, porque en Foz alcanzouse unha maioría de idade democrática e vaise apostar pola honradez, a tolerancia e o diálogo. -Se non hai maioría terían que pactar. ¿Co PSOE? -A política de pactos defínese despois das eleccións e co programa na man. Nós imos ser respetuosos coa decisión dos veciños, pero esa é unha cuestión para tratar «a posteriori». -¿Qué perdeu Foz nestes catro anos? -A capacidade democrática, por un goberno prepotente, que mandou pero non gobernou pola súa maioría absoluta. -¿E o PP? -As elecións son o momento de pasarlle factura ó PP, non só polo Prestige e a guerra de Irak, senón pola súa postura en temas vitais para Foz, como as infraestructuras ou o servicio de urxencias médicas de 24 horas. -¿Ilusionado? -Estamos convencidos de que imos gobernar e de que o BNG vai ser a forza que máis vai a subir en Foz.