«A residencia de ancianos é a mellor empresa que pode vir»

La Voz

A MARIÑA

20 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Fernández Sampayo anuncia unha obra que xulga interesante, unha residencia de ancianos en colaboración coa Fundación San Rosendo. «Creo que se crearán uns trinta postos de traballo e terá preferencia a xente de aquí. Paréceme a mellor empresa que se pode instalar aquí». -¿Vai a máis O Valadouro? -Vai a máis. É un municipio pequeno pero rico. Non temos moitos empresarios e o Concello non pode poñer industrias. Hai tempo fíxose unha enquisa para instalar un polígono, porque nola pedía o Instituto Galego da Vivenda e o Solo, e hai xente interesada pero non tanta como nos gustaría. Temos terreos bos, ó lado da estrada que vai a Foz, catalogados xa como solo industrial, e tralas eleccións virán uns topógrafos. A miña ilusión é un polígono industrial municipal, no que o solo pode saír a bo prezo.