RÁFAGA | O |
14 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.UNHA MOZA caboverdiana vai ser a raíña das festas patronais de Burela, das que está próximo xa o seu comezo. É a primeira vez que unha rapaza inmigrante vai ser coroada raíña das festas de Burela. É bonito e, sobretodo, é importante. Non é un feito tan anecdótico como poida parecer, polo que ten de integrador. Quen decidiu esta elección, acertou. Burela deu un paso máis adiante.