Última hora
La Xunta suspende las clases y el transporte escolar mañana en los centros educativos del interior de Pontevedra

«Se non conquerimos a maioría absoluta, PSOE e BNG pactarán»

La Voz S. S. | CERVO

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Como proba do diálogo no seu mandato, suliña que perto de 3.000 veciños respostaron por carta á súa invitación a aportar suxerencias e prantexar demandas

14 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?onqueríu fai catro anos desbancar ós socialistas dun governo que mantiveron durante doce anos. Foi a súa entrada triunfal na política municipal. No seu primeiro mandato veuse obrigado a facer encaixe de bolillos, a fiar sempre fino, porque a maioría simple forzou ó seu partido, o PP, a procurarse apoios alleos para sacar adiante as súas propostas. Sen o concelleiro Carlos Martínez, nacionalista expulsado polo BNG por negarse a permitir que Roberto Álvarez seguise de alcalde, todo sería máis difícil. Inmerso de cheo na campaña electoral, José Insua Pernas semella ter moi claro a mensaxe que quer transmitir para acadar o seu obxectivo. -As nosas aspiracións coinciden coas nosas expectativas. Esperamos unha maioría absoluta para consolidar os nosos proxectos e poñer a Cervo na vangarda. Se non a conquerimos, BNG e PSOE xa anunciaron que pactarán. Contamos co aval da nosa xestión como governo serio, creíble e eficaz. Son as nosas credenciais, coas que nos presentamos para facer realidade as demandas do pobo. -¿Por que repite? -Preséntome de novo porque queremos desenrolar os nosos proxectos e rematar a dotación das moitas das infraestructuras das que carecía o concello. O noso compromiso segue a ser a transparencia na xestión e o trato diario e personalizado cos veciños, con diálogo e participación. -¿Como define á lista coa que concurre? -O equipo de governo está garantizado porque é xoven, ten ilusión e demostrou nestes catro anos a súa valía e capacidade de xestión. -¿Que fan para captar o voto dos veciños? -Transmitimos o programa núcleo por núcleo, falando coa xente, achegándonos a todos os veciños para escoitar as súas inquedanzas. Boa proba do éxito da nosa proposta de que todo o mundo participe do governo é que recibimos cerca de 3.000 respostas ás 4.000 cartas que enviamos pedindo suxerencias. -Imaxine que son un elector potencial e dígame tres motivos para votalo. -Seriedade e credibilidade de xestión, eficacia plasmada en infraestructuras que se poden palpar e sensibilización co benestar social. -Probe a resumir os logros do seu primeiro mandato. Despois de enumerar unha morea de obras e de proxectos que, recalca, «xa son realidade», apunta o que el considera claves do seu governo. -Con diálogo e escoitando á xente conquerimos rachar a latente crispación social que había fai catro anos e aínda que algúns queiran crear certa inestabilidade, non o conquerirán. Nós adícamonos a traballar e instalamos unha nova forma de ser e de facer política, abrindo o Concello para todos e nun diálogo permanente que nos permiteu completar e superar o programa. O que prometemos cumplímolo cunha traxectoria chea de realidades que están modernizando o concello.