LA TRIBUNA | O |
10 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.PÓDESE DEBATER SE o dono do bar falou despois de reflexionar ou deixándose levar por un tópico: «Aquí vivimos dos asturianos, ben deitamos deles». Son palabras que lle escoitei, hai varias semanas, a un hostaleiro de Ribadeo, e calquera que visite adoito a porta norte de Galicia decatarase da verdade que hai tras esas palabras. O que a un xa non lle parece tan claro é que as distancias sexan curtas, porque ás veces dá a sensación de que os problemas comúns da Mariña e do Occidente asturiano non son asuntos primordiais en Santiago nin en Oviedo. Pensen, por exemplo, no tempo que levan os presidentes da Xunta e do Principado sen manter un cumio interautonómico. ¿Tan ocupadas están as súas axendas que non se poden reunir en Mondoñedo ou en Navia? ¿Resólvese todo con esperar a que se constrúa a autovía e o resto chegue por un milagre? O sector lácteo, o coidado de ríos coma o Eo, o turismo de natureza ou a despoboación rural, ¿non preocupan da mesma maneira en Trabada, Taramundi, Ribadeo ou Tapia? ¿Non hai nada que dicir disto na campaña electoral? ¿Abóndalles ós gobernantes e ós aspirantes a gobernar cos temas de sempre?