«Son un mestre de aldea, dos que tiñamos que dar de todo»

La Voz I. E. | FOZ

A MARIÑA

Berio Quiroga xubílase. Foz, onde pasou boa parte da súa vida docente, vaino lembrar como o mestre ó que aprecian e como autor de murais

12 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? vindeiro día 27, ás once da mañá, cumple Berio, como todos lle chaman, 65 años. O mestre xubílase pero ós seus alumnos respostalles, cando lle preguntan si é certo, que se retira o 29 de febreiro. ­­-¿Pensa que os rapaces de agora son máis difíciles que os de antes? -Estrés no ensino nunca pasei nen paso; tampouco me tomo as cousas en serio; non comprendo que un profesor se poida sentir ofendido polo que diga un rapaz. Eu estiven en Andalucía, en Folgoso do Courel e en Foz, e sempre me encontrei colexios con bos compañeiros e directivas e tamén con bos alumnos; e orgulloso que estou deles, sempre deron exemplo de saber comportarse. Voume agradecido ós compañeiros e á xente de Foz, ós pais... Sempre todos colaboraron e eso enche de satisfacción. -Vostede da matemáticas, pero non sería mellor que se adicara á arte. Dígollo pola afición ós murais -Aquel derrubouno a riada, pero está facendo outro