15 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.
Unha Mostra Folclórica Internacional este xoves, 18 de xullo, abrirá o programa de verán no Concello de Ribadeo. Será ás 22 horas no auditorio e na Mostra participarán grupos de Rusia, Paraguay e México. O amplo programa de verán en Ribadeo foi presentado onte polo Concelleiro de Cultura, Manuel Valín. Inclúe congresos, festivais de música clásica, folk, o concerto de Mago de Oz o 11 de agosto no estadio Pepe Barrera, o programa das festas de verán patronais. En especial o mes de agosto está repleto de actos culturais que non deixarán un momento para o aburrimento ós ribadenses nen ós visitantes. Xullo é o mes dedicado en especial ós congresos e debates.