A letra con flores entra

La Voz

A MARIÑA

COSTA NORTE

17 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

COMO OCORRE EN Cataluña no día de San Xurxo, en Ribadeo aprovéitase o Día das Letras Galegas para agasallar cunha flor, un caravel, e cun marcapáxinas a quen compra un libro en galego nesta data. A IDEA XURDIU da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que atopa colaboración de catro librerías da vila -Bis a bis, Santiago, Valle-Inclán e Vivín- nesta iniciativa. E RIBADEO TAMÉN celebra o Día das Letras Galegas coa entrega dos premios do certame escolar Diadema, que tivo lugar onte na Casa do Concello. O ALCALDE DO Concello, José Carlos Rodríguez Andina, subliñou a cantidade e a calidade dos traballos presentados, e José Luis Trashorras, ex rexedor que promoveu a creación do premio, animou ós participantes a seguiren polo camiño da escrita. A PARROQUIA DE CANGAS, no municipio de Foz, acolleu onte un festival con motivo da celebración das Letras Galegas que contou coa participación do grupo Riosmar y do coñecido contacontos Cándido Pazó. O evento o organizaron dous colectivos: o citado e Merlín, en colaboración coa Agrupación Deportiva Os Castros. O CONCELLO DE CERVO entregará hoxe, ás 18 horas, os premios dos concursos de poesía e debuxo. Paralelamente, ofrecerá un festival infantil. ALFOZ VIVIU ONTE a festa da palabra con múltiples actos, gracias a O Castelo: charla de Xabier Vázquez, entrega dos premios Trulasqui a Adela Díaz, Joaquín Goás, Raúl Río, Diana e Sonia Mandiá e Maira Cao, e a teatro co grupo Raiolas. PRETO, O VALADOURO ofrecerá hoxe teatro: Relax total con O Bordelo. Será ás dez da noite, na Casa de Cultura. O IES MONTE CASTELO, EN BURELA, deu a coñecer ó gañador do XIII Certame Literario da Mariña: Diego González. UN DÍA A TOPE. Pizzbur, en Viveiro, lembrou tamén a festividade coa súa clientela cun concerto musical.