GRACIAS PAPÁ

La Voz

A MARIÑA

Sorprendeume realmente a publicación dunha carta días atrás, nos que uns «Pais preocupados pola nosa xuventude» falaban abertamente dos problemas, que tanto nós, os mozos como os nosos pais, estamos a sufrir. O desprazamento a outras vilas durante a fin de semá co gallo de desfrutar da movida, pero non da de Burela. É certo que somos un dos concellos con máis mozos, tamén onde menos se mira pola mocidade, comezando polos nosos gobernantes locais e continuando por diversos axentes sociais. Sabemos que isto da movida trae moita movida, pero quen nos últimos anos se viu máis afectada por iste conflicto, fomos nós, os mozos de Burela... e nós somos os últimos ós que nos escoitan. Recorte de horarios (non de ruido, tanto pola nosa saúde coma pola dos viciños), falta de iniciativas, alternativas tanto dos que m andan coma dos hosteleiros; o que nos conduce a ter que coller o coche e dirixirnos a outras vilas, onde a parte de ter locais abertos durante toda a noite hai ¿mellores locais...? E claro, cóllelo coche... boas estradas!!, controis, multas... como mínimo. Outros non teñen tanta sorte!! Porque... ¿existe a nivel comarcal un medio de transporte barato e con máis horarios, que nos permita desprazarnos pola Mariña? Non... Pola contra, intentan poñer un bus para a movida cuns limitados horarios e a un prezo que caseque mellor xuntarse catro, pagar un taxi e irte cando che pete... ¿Quen sae en Burela? ¿De que idade? ¿Por que? ¿Se puidesen iríanse a outras vilas? Non fai moito en Burela había moita movida, música, xente... ¿Que foi o que ocorreu dun tempo para acó? Así saímos perdendo todos. Un mozo preocupado polos nosos pais. C. C., un mozo preocupado polos seus pais. Burela.