Amaba a música

La Voz

A MARIÑA

Unha vez Hernán púxolle música a uns versos de Sabes que mai quixera ser bailarina. Fora unha noite especial de cambio de ano. Daquela colaboración quedou para sempre unha amizade. Hernán amaba a música. En Ribadeo visiteino algunhas veces e sempre estaba alí, naquela casa grande da música, abrigado, con bufanda entre aquelas paredes frías en inverno e rodeado de pícaros e mozos ós que el lles ensinaba os primeiros sons. Que lle daban o calor interior, seguro, que máis se precia. Hoxe o mellor adeus sería o dunhas simples notas aínda imperfectas deses seus alunos. Estou certo. E o silencio dos amigos. Ou o berro. E o ar. Miguel Sande, delegado da Voz na Mariña.