O asunto comezou sendo un segredo familiar, mais ao pouco tempo meus pais decidiron facer del un negocio. O caso foi o seguinte: Hai uns anos, como moitos outros, os meus avós de Asturias decidiron ir de viaxe, esta vez, a Arxentina. E nos, coma todas as veces que eles se van fora de España, quedámonos coidando a súa casa. Meus avós teñen moitos animais, e como cando era pequena quería ser veterinaria, solía xogar con eles as enfermeiras. Daquela estaba coidando as galiñas. Fun revisando unha por unha todas as galiñas que ía atopando ata chegar a número 23, eu a chamaba Cecia, xa que non podía ver por un ollo. Acórdome que lle tiña un nome a cada galiña do curral, e mira que eran corenta ou así.
Unha era Erea, non se metía nunca nunha pelexa, outra Comba, tiña un similar as pombas, outra Otile, non sei por que me tiña cara de raíña, outra Paula, moi pequeniña… había moitas, pero eu lle tiña especial aprecio a Cecia. Lembro ben que o meu avó a quería matar, xa que nunca puxo ovo ningún, pero eu non llo permitira, e fixen moi ben niso polo que vos vou contar agora. Estaba coa revisión de Cecia cando marchou a correr ata o curral.
Eu, desconcertada pola súa actitude, xa que nunca ía moi rápido polo seu ollo, fun tras ela. Encontreina nun curruncho do galiñeiro. Fun a xunto dela, parecía estresada. Como non a quería estresar, mais non a quería deixar soa, acomodeime nun leito de palla que había alí e esperei. De pronto escoitei uns cacarexos que me sobresaltaron. Supoño que todos saberedes que quen emitía aqueles sons era Cecia. Aproximeime a ela, estirei a man para apartala e ver o que sucedía e… Había posto un ovo! ao principio parecía un ovo normal, mais ao intentar collelo, fíxose claro que non o era. Pesaba un montón, e logo, aínda por riba, púxose dunha cor rosa fucsia. E eu, sen pensar que podía estar envelenado, fun á cociña e preparei un ovo frito. E non sabedes o que pasou despois, o ovo sabía a churrasco! Obviamente a galiña fíxose moi famosa. Ata o día de agora, xa que morreu, mais tivo pitiños, e para non abusar do seu poder, soltamos a todos menos un no monte, a si que xa sabedes, se en Asturias atopades uns ovos rosas que pesan un montón, son dos pitos da miña galiña Cecia.
Irene Otero. Estudante. 13 anos. A Coruña.