Clic

Israel Martínez Veiga RELATO

AL SOL

02 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Mirar. Non. Pechar os ollos. Non mirar. Tan só. Respirar. O mar. A súa miola. As areas. Os argazos. O misterio do calar e non ver. Non hai vento. O obturador e. Clic. Non. Ser lenzo. Paisaxe. Pálpito. Pensamentos. Nun todo. É. Un muro de. Contención. Clic. Non. Mirar o mar. Tan só. A súa grandeza. O seu beixo. Nos meus ollos. Mañá. Inverno. Así. A calma. No peito. Clic. Océano mar. Unha bágoa onde arde. A fermosura. Vento. Volve. Frío. Só eu. Clic. E o neno. O neno dado a volta. A boca bicando mar. Abaneando. Carriola. Arrolo. De ondas. Nana do universo. Mirando dentro do mar. Refuxio de. Refuxiado. Sen nome. Nada. Deixar de ser. A vida. Eu tamén. Á deriva. Dos meus pensamentos. A mellor foto ou. Clic. Non. O meniño xa no meu colo. Meu ben. Meu amor. Soña un novo soño. En que país. En que lugar. Meniño de pés espidos. Coas unllas de perlas esgazando o mar. A escuma. A bicar. O seu rostro. Así é. A calma. No peito. Clic. Océano mar. Unha bágoa onde arde. A fermosura. Vento. Volve. Frío. Só eu. Clic. E o neno. Lembro. Entón. Si. A nena. A miña filla. Ela e el. Soles nun mundo tenebroso. Ela. A leucemia. A verba bonita de entrañas devastadoras. Infantil. Fráxil. Bolboretas. Cores nun hospital de lavandas. Clic. Non. Que fixeron as ondas. Que grandes son. Dar vida. Nas sombras. O móbil. Que vibra. Como un axóuxere. Os do xornal a reclamar. Clic. Imaxes que dean volta ao mundo. Virtual. Nova nova. A bomba atómica informativa. O mar. Clic. Meniño. Leucemia. Miñaxoia. Querer perderse. Horizontes. De soles e leucemias. Sen fotos. Sen xornais. Á deriva de. Todos os soños. Que te levarías. A unha illa deserta. Un libro. Un amor. A primaveira. E o luscofusco. Nos petos. Que facer. O móvil. Corazón eivado. Estralecido. Quen son. Quen somos. Deixaremos de ser. Clic. Nova de última hora... Caiuco con decenas de persoas... Encaia en praia de... As imaxes poden ferir a sensibilidade do…

Clic. Clic. Clic.

Israel Martínez Veiga, informático, 40 anos, Oroso.