O BNG solicita a posta en marcha en Lugo dun plan piloto de compostaxe doméstica

La Voz

LUGO

30 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A concelleira nacionalista Paz Abraira presentou unha iniciativa que o BNG levará ao pleno do vindeiro luns na que solicitan do Goberno local a posta en marcha dun programa piloto de compostaxe doméstica destinado a aquelas familias que dispoñen de horta ou xardín na súa casa e que desexen participar nesta iniciativa, que xa foi posta en marcha en 24 concellos galegos. A iniciativa consistiría no reparto gratuíto entre aquelas familias que queiran participar na iniciativa de composteiros domésticos nos que tratar a parte orgánica do lixo, acompañado dunha campaña de explicación e demostración práctica sobre o funcionamento destes aparellos e dos usos do compost resultante.

Abraira preguntou tamén ao novo Goberno da Xunta que vai pasar co proxecto para que Lugo conte cunha planta de compostaxe para toda a comarca, contemplada nas previsións do anterior Goberno. Na cidade de Lugo prodúcense ao ano 40.000 toneladas de residuos, das que máis da metade son materia orgánica, que se podería reciclar para facer abono con distintos usos.