«Os españois nunca van entender Arxentina, un país moi cambiante»

La Voz

LUGO

08 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

En opinión de José Benito López «Arxentina é un país moi cambiante, con altos e baixos, que os españois nunca van entender. Se non tivésemos un Goberno tan caprichoso a situación non sería tan mala, porque estamos falando dun país de corenta millóns de habitantes que non estaba endebedado e no que non había créditos nin débedas hipotecarias. Os notarios practicamente esqueceron facer un crédito hipotecario porque hai moitos anos que non se fan. Neste sentido a situación está mellor que por aquí».