04 abr 2002
«Na miña novela, O Saviñao e Monforte son un espacio emblemático das terras do interior»
FRANCISCO ALBO A ENTREVISTA Xabier Quiroga, escritor de Escairón, presentará en breve a súa primeira obra, «Atuado na braña» Xabier Quiroga, natural do Saviñao, presentará en Escairón o próximo día 13 a súa primeira novela, «Atuado na braña», finalista do premio Xerais. O escritor, que leva quince anos vivindo e traballando en Lalín como profesor de ensino secundario, era máis coñecido ata agora pola súa actividade futbolística, que o levou a militar no Club Lemos e no Sporting de Gijón, así como a adestrar ó Atlético de Escairón. O seu debú no mundo da literatura é unha extensa obra de máis de seiscentas páxinas que non ten ningún vínculo co mundo dos deportes, pero si ten moita relación coa comarca de Lemos e a súa historia recente.