Músicos, deseñadoras e cineastas, o menú de «Xente emerxente»

La Voz

TELEVISIÓN

O «docushow» presenta a novos valores galegos.

03 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Nova entrega deste espazo de V Televisión no que se presenta a novos valores galegos. Hoxe coñeceremos a un grupo ourensán que non deixa a ninguén indiferente. Fai música tradicional galega, pero son moi modernos, e por iso se chaman Folk Focus. Pola súa banda, Guillermo prefire máis o clásico, o segundo emerxente desta noite é un curtametraxista coruñés fan de Hitchcock e Truffaut. Despois de facer un documental sobre os Lovely Luna, está a preparar outro sobre unha banda coruñesa mítica: Los Eskizos.

Carolina e Nelda pasaron de heavys a infantís. Estas dúas deseñadoras preparan complementos e roupa para nenos e teñen marca propia, A Fábrica de Lápices. Os seus complementos, a maioría deles infantís, non sempre son para nenos. Eles son Xente emerxente .docushow | 23.30