Arranca en TVG «Ben falado!», un microespazo dedicado á lingua galega

La Voz

TELEVISIÓN

21 jul 2008 . Actualizado a las 02:24 h.

TVG estrea a emisión de Ben falado! , un microespazo diario de cinco minutos dedicados á lingua galega, que chegará ao público na franxa matinal (10.40 horas). O espazo está dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. No programa, o telespectador accederá a explicacións do seu apelido e do nome do lugar no que vive; a curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas ou ao sentido de ditos e refráns. Verá como se move a lingua nos colexios, nos institutos, nos movementos xuvenís, nas empresas e incluso en Internet.