¿Que pensa facer coa creación dun corpo de policía propio en Galicia, semellante aos corpos que xa hai en Cataluña, onde están os Mossos, ou no País Vasco, coa Ertzaintza?

La Voz

ELECCIONES GALLEGAS 2009

Estudante, 20 AÑOS, ordes

24 feb 2009 . Actualizado a las 14:36 h.

«Haberá 600 axentes de policía» | EMILIO PÉREZ TOURIÑO

«Nesta lexislatura aprobamos a Lei de Policía de Galicia, que permitirá poñer en marcha a nosa policía autonómica, o que se complementa coa creación da Academia Galega de Seguridade, xa en funcionamento.

»Na vindeira lexislatura, pretendemos desenvolver a Lei de Policía, para por en marcha o corpo policial que comezará con seiscentos axentes. Tamén daremos novos recursos á Academia Galega de Seguridade».

«Queremos o control do tráfico» | ANXO QUINTANA

«O BNG defenderá un modelo propio de policía galega integral, que asuma as funcións dos corpos estatais e o control e a seguridade do tráfico para o que seguiremos defendendo a transferencia da competencia de tráfico e seguranza viaria, como aprobamos no Parlamento por unanimidade. Esta policía galega terá como prioridade superar en eficacia ao actual marco policial. Será un símbolo máis do noso carácter nacional».

«Teremos un corpo propio» | ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO

«O PPdeG ten pensado poñer en marcha un corpo propio de policía autonómica, de acordo cos principios de colaboración, coordinación e non duplicidade cos corpos e forzas de seguridade do Estado. Tamén pretenderemos crear unha carreira policial única que integre a todas as policías que hai nos concellos de Galicia e a implantación de mecanismos eficaces para coordinar o labor de todos os axentes das policías que operan en Galicia».