Soy gallego. Entonces, ¿por qué al vivir fuera de Galicia no puedo votar en las elecciones autonómicas igual que ejerce el derecho al sufragio un emigrante en Argentina?

La Voz

ELECCIONES GALLEGAS 2009

18 feb 2009 . Actualizado a las 10:39 h.

Alberto Núñez Feijoo

«Es un derecho constitucional»

«Los emigrantes que tienen DNI o pasaporte español pueden votar porque es un derecho constitucional. El sistema español establece que se vota en el lugar en el que se está censado. En todo caso, su pregunta cobra especial relevancia en estos comicios y me permite llamar la atención sobre la falta de garantías que rodea al voto emigrante. Los emigrantes con derecho a voto el 1-M son ya más del 15% del conjunto del censo electoral. Insistimos en implantar el voto en urna, depurar el censo de residentes ausentes y establecer garantías de transparencia en el voto por correo. Las propusimos en Galicia y el PSOE lo vetó en Madrid».

Emilio Pérez Touriño

«Porque vota onde ten a o censo»

«A lexislación vixente establece que os cidadáns dunha comunidade autónoma española que se trasladan a outra comunidade do Estado a vivir e se inscriben no censo desa autonomía pasan a ser cidadáns a todos os efectos desa nova comunidade. Polo tanto, teñen dereito a participar nos procesos electorais dese territorio ao que se trasladaron a vivir e no que se deron de alta a efectos censais. Caso distinto é o dos emigrantes ou daquelas persoas que se trasladan a vivir a outros países, dado que nese caso permanecen censados en concellos galegos e, polo tanto, manteñen o dereito a participar nas eleccións nesas circunscripcións».

Anxo Quintana

«É unha incongruencia da lei»

«Esa é unha das incongruencias da actual lexislación electoral. Un galego emigrado no Estado non pode votar e, en cambio, un que vive nalgún outro Estado de América Latina ou de Europa, pode exercer o dereito ao sufraxio. Vostede non pode votar porque se lle aplica o criterio de que ninguén pode ter dereito de voto en dous espazos territoriais distintos, en dous países distintos. Este é un debate sen dúbida moi complexo. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) o que defende é unha nova norma electoral que en calquera caso homologue as condicións de voto dos emigrantes ás que rexen para os que vivimos no noso país».