«Innovación e presenza internacional»

La Voz

ECONOMÍA

03 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

1A mellor posición relativa dunha empresa, un sector ou un territorio fronte ao seus competidores. Depende da capacidade de ofertar máis altos niveis de calidade e diferenciación de produtos a custos inferiores.

2En gran medida os salarios están ligados xa a produtividade a través da negociación colectiva. Nestes momentos estase nun proceso de traballo entre patronal e sindicatos para a reforma da negociación colectiva, polo que este tema será un dos que deba estar enriba da mesa: produtividade, salarios, flexibilidade interna, ultractividade dos convenios ou IPC...

3 É moi difícil establecer unha gradación tan precisa. O que si está claro é que España está perdendo competitividade fronte a outros países nos últimos anos.

4É aínda máis difícil, unha comunidade autónoma non se pode subtraer á situación de todo o territorio.

5 Un aspecto moi importante é a innovación e a presenza internacional. Por outra banda, a diferenciación da demanda esixe diferenciación da oferta, novos e mellores produtos e máis calidade, que debe conseguirse a través de políticas de I+D+i e da mellora do capital humano.

6 As actuacións deben ir na mesma liña: mellora da calidade e do capital humano, innovación tecnolóxica, diferenciación dos produtos e presenza internacional das empresas.