«Os gañadores do trofeo de dominó de Galicia irán á final a Santander»

O. P.

DEZA

24 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Oswaldo Vilariño González é o presidente do Club As Vilas de dominó, de Lalín, que se constitueu este mesmo ano. A entidade organizou onte, por segundo ano consecutivo, o Torneo de Dominó Concello de Lalín, que se disputou na aula social de Caixanova e contou cunha ampla participación -41 parellas-, que superou á do ano pasado.

-Cando empezaron a preparar o torneo celebrado onte?

-A principios de ano, empezamos a falar con Caixanova para a cesión de local, e o torneo foise dando a coñecer con envío de información da Federación galega e vía Internet aos xogadores, ademais de dípticos.

-Foron 41 parellas participantes, de onde viñeron?

-Viñan de toda Galicia, de Vigo, Avión, Viana do Bolo, Arteixo, Lugo, Ferrol, A Coruña ... e tamén participamos varias parellas de Lalín.

-Imaxino que os xogadores, a nivel galego, xa se coñecen uns a outros.

-Sempre estamos todos nos torneos. Agora haberá un trofeo, a nivel da Federación Galega de Dominó, por equipos. Os mellores clasificados deste trofeo irán ao Campionato de España, que será en Santander a finais de ano. Irán unhas dez parellas de Galicia.

-A creación do clube de dominó tiña como obxectivo poder participar nestes campionatos?

-Pois ao estar federados, podemos participar nestas competicións. Neste momento o clube de dominó lalinense está integrado por seis parellas de xogadores.