O dezano José Domínguez, xogador do Club Tenis de Mesa de Lalín, vén de proclamarse no municipio granadino de Almuñécar, campión do torneo de tenis de mesa desputado no concello.
Trala desputa dos compromisos de verán, os integrantes do Club Tenis de Mesa Lalín están xa a preparar a nova tempada ligueira, que comezará a primeira quincena do mes de outubro, e para elo, seis integrantes do club deprazaranse esta fin de semana ao torneo de Monteporreiro a desputar un dos últimos compromisos de verán, e proba valedoira para o circuito galego.
Segundo explicaron dende o club, trátase dunha competición individual na que o obxectivo a perseguir limítase a pasar de grupo, posto que os integrantes do C.T. Mesa Lalín aínda están a iniciar a preparación de cara á vindeira campaña.
No torneo de Monteporreiro participarán os xogadores dezanos José Domínguez, Antonio Crespo, José Ramón Ramos, Julio Silva, Tomás Vilariño e Manuel Fernández.