03 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
De festival en festival. Así vai o Paraíso Tour dos Loretta Martin, que pasou hai unha semana polo Festival do Sar de Padrón, e agora remonta o río para participar no Galifunk Fest, un evento no que participarán bandas como Moon Cresta, The Sweat! e os propios Loretta Martin. Será hoxe 3 de abril na Sala Nasa de Santiago de Compostela. As entradas custan 6 euros.
21.30 horas. Sala Nasa.