O festival de ilusionismo contará cos mellores magos galegos

La Voz

A CORUÑA

O cuatro Festival Internacional de Ilusionismo Compostela Máxica ofrece no teatro Principal unha gala na que actúan cinco dos magos galegos máis prestixiosos: Mago Richard, Mago Pablo, Mago Rafa, Mago Teto e Martín Varela. Participan magos con máis de 20 anos de experiencia e novas promesas da maxia galega, e non faltarán mentalismo, cartomaxia, ilusionismo e humor. 20.30 horas. 5 euros.