As proxeccións chegan a diferentes locais parroquiais

La Voz

CARBALLO

03 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Continúa en Malpica o ciclo Cine de Nadal, e hoxe (17.00 horas), en colaboración coa asociación Carcaxía, o Concello proxecta unha película na Casa da Cultura de Seaia. No municipio de Carballo están previstos dous pases. O ciclo que programou o Concello inclúe unha película ás 11.00 horas no local social de Entrecruces, en colaboración coas asociacións Fonte Salgueira e San Xinés, e outra ás 16.30 en Sísamo, neste caso co apoio da entidade cultural Santiago Apóstol.